
Mércores de ‘Dalle á lingua!’ no 119 de R
Prepárate para gozar cunha noite youtubeira na nosa lingua con todos estes contidos: Por que é que non entendo o portugués? con Olaxonmario e Portuguese with Leo, A coherencia do galego, O sabor da galeguidade con Carabuñas, O camiño para volver ó galego con Laura Marín, o consultorio da Real Academia Galega, o documental sobre as Irmás Fernández de la Vega e a intervención de Rosa Aneiros no LGx15.