
Estrea do ‘Vía Rosalía’ no 119 de R
O ‘Vía Rosalía’ nace como un espazo actual e en movemento. Neste primeiro capítulo asistimos a unha conversa entre dúas artistas que son verdadeiras referentes da cultura galega e para a xente máis nova: Luz Fandiño e María Xosé Silvar, Sés. As dúas falaran sobre a importancia que a obra de Rosalía de Castro tivo nas súas carreiras, como galegas e feministas.