
Documental sobre Xesús San Luís Romero no 119 de R
Aínda que invisibilizado nas páxinas da historia, Xesús San Luís Romero foi unha figura de alta importancia para a nosa cultura e o devir democrático da sociedade galega. Naceu o 9 de setembro de 1872 e a súa historia é a dun obreiro, a dun político, a dun poeta e dramaturgo, a de quen sufriu o cárcere polas súas ideas. A historia dun home republicano, galeguista e progresista que non quedou nin quieto nin calado. Un documental de Nós Televisión para o Concello de Carballo.