
‘Dalle á lingua’ este mércores no 119 de R
A psiquiatra Iria Veiga e o xenetista Ángel Carracedo comparten a alegría de descubrir a ciencia, e de contala en galego neste capítulo de Conseguiremos. A serie foi creada por de Paula Quiroga Rodríguez (directora), Lois Alcayde Dans (guionista) e Meritxell Álvarez (produtora) no marco do proxecto Novas voces para a lingua, promovido pola Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para darlle voz á mocidade con talento que vive e crea en galego.