
Boyanka Kostova e O Rabelo nun novo GZ Música, no 119 de R
Os novos sons urbanos galegos chegan ao GZ Música desde o Festival Revenidas de Vilaxoán. Desta volta traemos a forza do trap de Boyanka Kostova e a enerxía regueifeira do rap do Rabelo. E para non perder o novo videoclip de Mundo Prestigio e Nuno Pico dirixido por Xaime Miranda. Nós movémonos con GZ Música!