Temporalmente, sen sinal na TDT
O centro emisor dende o que lanza o seu sinal Nos Televisión resultou incendiado no día de onte mentres se estaba a emitir o debate electoral entre os representantes do BNG, En Marea Psoe e PP do programa A Peneira que se emite todos os luns as 21,30.
O devandito incencio, que tivo lugar arredor das 22 horas, deixou inutilizables os equipos que fan posible a emisión. A equipa de Nos Televisión xa está a traballar para restablecer o seu servizo de TDT coa máxima celeridade posible.
A actualidade informativa diaria, na nosa web
Desde Nos Televisión seguiremos traballando e informando a través da nosa páxina web; que actualizaremos diariamente coas informacións máis destacadas sobre Compostela e a súa área de influencia.