Home Espazo Aberto Medio ambiente #AvesDesdeCasa, unha iniciativa de Seo BirdLife e a Deputación de Pontevedra

#AvesDesdeCasa, unha iniciativa de Seo BirdLife e a Deputación de Pontevedra

0
#AvesDesdeCasa, unha iniciativa de Seo BirdLife e a Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, en colaboración con Seo BirdLife, vén de poñer en marcha a acción #AvesDesdeCasa, unha iniciativa de sensibilización medioambiental para facer máis levadíos os días de confinamento polo COVID19. Deste xeito, a través desta acción proponse crear un caderno de campo co quea cativada poida debuxar as especies observadas dende a xanela. Para facilitar a observación, a institución provincial editou unha lámina ilustrada para coñecer as especies máis comúns que se poden observar nestas datas na provincia de Pontevedra.

Na lámina facilitada pola Deputación inclúense as especies máis habituais nestas datas como son os pardais comúns, as rulas turcas, gaivotas de patas amarelas, pombos torcaces, merlos comúns, paporrubios comúns, lavandeiras brancas, estorniños negros anduriñas comúns e cirrios comúns. Este caderno de campo, que debe incluír a data de observación, a hora, condicións climáticas e aves identificadas, pódese elaborar en familia, implicando ás nenas e nenos para que debuxen as especies observadas e as compartan a través de redes sociais empregando o hasthag #AvesDesdeCasa.