Avarías puntuais na primeira xornada de Tussa á fronte dos servizos da ORA e o guindastre

Comeza a xestión do servizo con pequenas avarías

O concelleiro Xan Duro e o xerente da empresa municipal Tussa, José Ramón Mosquera, deron conta hoxe das incidencias acontecidas neste primeiro día de xestión directa dos servizos da ORA e o guindastre trala súa remunicipalización. Dende Raxoi demandan “paciencia” á cidadanía durante este período de “transición”.

O guindastre funcionou durante todo o venres sen ningunha complicación salientábel, namentres a ORA —a “zona azul” de aparcamento na cidade— si que provocou pequenas incidencias vencelladas ao novo ‘software’ dos parquímetros.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Problemas nalgúns parquímetros

Neste senso, en San Roque e a contorna da piscina universitaria non funcionaron os parquímetros e, no caso da rúa Santiago de Chile, as máquinas aceptaron o pagamento, mais non expediron o tiquet correspondente. Para evitar calquera sanción, a cidadanía afectada tivo que contactar co servizo técnico de Tussa —no teléfono 981 568 106— para dar conta da súa matrícula. Debido ao mal funcionamento dos parquímetros nesas zonas, non se cobrou o tempo de estacionamento.

A versión en galego da App, moi axiña

Así e todo, este acontecemento implicou tamén a estrea da nova aplicación móbil para pagar a “zona azul”, pasando da antiga E-Park á actual Moviltik. Ao tratarse este dun ‘software’ empregado tamén noutras cidades do Estado, polo de agora só é accesíbel en castelán, mais o Concello asegura estar xa traballando na súa adaptación á lingua galega.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -