Avelina Valladares será homenaxeada na Estrada cun roteiro literaro este sábado

"A Estrada é a Estrada porque existiu a familia Valladares"

A Estrada acollerá este sábado, día 7, o roteiro literario Avelina Valladares, organizado pola Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cultura e Lingua, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e o propio Concello da Estrada.

Xosé Leal, deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, tamén estivo onte no Concello da Estrada para dar conta da importancia desta homenaxe

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Prazas limitadas

Hai un número limitado de prazas, en concreto son 50 e a día de hoxe quedan seis libres. Para participar será preciso inscribirse no teléfono 986677748.

“A Estrada é a Estrada porque existiu a familia Valladares”

Quen era Avelina Valladares?

Andrea Avelina María Teresa Gabriela Valladares Núñez naceu o 23 de outubro de 1825 en Vilancosta (A Estrada). Criouse no seo dunha das familias fidalgas máis importantes de Galicia. A profunda formación relixiosa que recibiu e a súa liñaxe exerceron unha importante influencia na obra da autora.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -