Avanza o proceso de remunicipalización da ORA e do Guindastre

A Comisión aproba a memoria que se votará en Pleno

O Pleno municipal terá a última palabra na recuperación pública da ORA e o guindastre en Santiago. A reunión da Comisión técnica celebrada hoxe acordou avanzar na tramitación do proceso e presentar a memoria. No encontro de hoxe e logo dun profundo debate procedeuse a votar esta medida que foi aprobada cos tres votos favorables de Compostela Aberta, a oposición de PP e PSOE e a abstención do BNG. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, explicou ao medios as conclusións desta comisión:

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“Aínda faltan traballos”: PP e PSOE votan en contra

PP e PSOE non están dacordo con levar esta memoria a Pleno argumentando que aínda faltan informes. De todos os xeitos non decidirán o sentido do seu voto ata que non teña lugar.

Logo de que a memoria para a recuperación pública da ORA e do guindastre sexa presentada ao Pleno da Corporación para a súa aprobación inicial abrirase unha exposición pública que terá unha duración dun mes antes da súa aprobación definitiva.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -