Home Programas Área Compostela Avante LGBT convoca mobilizacións e actividades para o Día do Orgullo

Avante LGBT convoca mobilizacións e actividades para o Día do Orgullo

0
Avante LGBT convoca mobilizacións e actividades para o Día do Orgullo

“A noite conleva impunidade”. É o que denuncian dende o colectivo Avante LGBT despois de que trascendera na prensa unha agresión na Coruña que, segundo informaron algúns medios de comunicación nos primeiros intres, tería carácter homofóbico. Posteriormente, as autoridades non confirmaron este dato. Dende Avante LGBT reflexiona sobre o hostil que pode converterse o ambiente de festa, dentro do ocio nocturno, para o colectivo.

Ante as agresións, Avante LGBT opta por incentivar a loita polos dereitos de todas as orientacións e identidades sexuais. Por iso, nesta semana do Orgullo, que se conmemora este venres 28, teñen preparadas “ruadas” nas que se encherá a cidade. O venres haberá actividades ao longo de todo o día: pola mañá colgarase a bandeira do movemento trans no Concello de Compostela, e xa pola tarde haberá unha manifestación que sairá da praza 8 de marzo. Podes consultar máis mobilizacións e información aquí.