A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega —AELG— está a artellar a programación para o Día de Rosalía de Castro 2018, que conmemora o 181 natalicio da célebre poetisa. Dende a súa estrea no ano 2010, a organización do evento incita á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor, en sinal de recoñecemento á autora de Cantares gallegos.
A tradutora e intérprete María Reimóndez será a encargada de redactar o Manifesto da AELG deste ano, que se lerá ó público asistente o 24 de febreiro —data do nacemento de Rosalía— no Panteón de Galegos Ilustres de Santiago de Compostela, así como en tódolos actos organizados pola Asociación.
https://nostelevision.gal/camara-branca-14-maria-reimondez/