Home Programas Espazo Aberto Autodefensa laboral: Como poden actuar as traballadoras ante o COVID-19?

Autodefensa laboral: Como poden actuar as traballadoras ante o COVID-19?

0
Autodefensa laboral: Como poden actuar as traballadoras ante o COVID-19?

O decreto de estado de alarma no Estado español por causa da expansión do COVID-19 causa o peche temporal de numerosas empresas repercutindo directamente nas traballadoras contratadas. Noutra banda, numerosas persoas vense obrigadas a acudir aos seus postos de traballo no que están expostas ao coronavirus. Ante isto, as centrais sindicais lanzan unha serie de indicacións para saber actuar ante esta situación.

Dende a Confederación Intersindical Galega reclaman unha serie de esixencias para protexer ás traballadoras que se ven obrigadas a acudir ao seu emprego por seren fundamental como é o caso das ambulancias. Neste caso, denuncian a falta de EPIs e vestimenta axeitada.

A Central Unitaria de Traballadoras lanzou un ‘Pack Antiestafa Empresarial‘ no que lembran que “para levar a cabo un ERE ou un ERTE a empresa ten que ter unha causa real e xustificada, sen que a mera suspensión da actividade sirva como escusa”. Deste xeito, recomendan asinar “recibido pero non conforme” no caso de que se dea a situación e se informe de inmediato ao sindicato.

Os sindicatos galegos permanecen en alerta ante o consello de Ministras que se levará a cabo mañá, martes, na que o Goberno central podería tramitar os ‘ERTEs exprés‘ para facilitar á patronal o envío das traballadoras a casa e non causarlle aos empresarios perdas económicas.