Home Programas Área Compostela A autodefensa e o empoderamento feminista chegan a Compostela da man dos orzamentos participativos

A autodefensa e o empoderamento feminista chegan a Compostela da man dos orzamentos participativos

0
A autodefensa e o empoderamento feminista chegan a Compostela da man dos orzamentos participativos

A concelleira de Deporte, Mocidade e Benestar Animal, Noa Morales, presentou en rolda d eprensa outro dos proxectos que se realizarán este ano como consecuencia dos orzamentos participativos.

Nesta ocasión trátase de aulas de autodefensa e empoderamento feminista que terán lugar no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga.

A edil estivo acompañada polas responsables desta actividade, Mai Insua e Cristy Tojo, do club deportivo Avalon Kai. A primeira explicou como enfocaron esta actividade e as prioridades que tiveron en conta.

 “Apostamos por traballar de forma integral dende unha óptica feminista

Polo seu lado Cristy Tojo, do club deportivo Avalon Kai, sinalou que ela levará a parte máis física da actividade.

“Superou todas as expectativas”

Xa non hai prazas dispoñibles pero as organizadoras da actividade son conscientes da alta demanda xerada na cidade. “A actividade superou as nosas expectativas”, salientaron hoxe no Pazo de Raxoi. Os cursos de autodefensa feminista terán lugar do 17 de outubro ata o 19 e decembro e que, ademais, será gratuita.