Home Programas Área Compostela “Aulas sen paredes”, un método para a aprendizaxe de linguas

“Aulas sen paredes”, un método para a aprendizaxe de linguas

0
“Aulas sen paredes”, un método para a aprendizaxe de linguas

O concelleiro de Educación, Manuel Dios, presentou hoxe en rolda da prensa, xunto á autora do proxecto, Rosalía Fernández, un conxunto de obradoiros destinados ao profesorado que se desenvolverán os días 17 e 18 de marzo arredor do libro “Aulas sen paredes”.

O teatro, para aprender linguas

Os obradoiros desenvolveranse en dúas sesións, de catro horas cada unha. Trátase dun estudo teórico-práctico derivado da tese de doutoramento da presente na rolda, Rosalía Fernández, e aborda o uso das expresións dramáticas e teatrais como ferramentas pedagóxicas para as aulas das linguas.


As sesións celebraranse o venres 17 de marzo. Hai 25 prazas dispoñibles e as e os interesados e interesadas deben enviar a ficha de solicitude ao Departamento de Educación e Cidadanía. A data límite para a presentación desta é o 6 de marzo.