https://www.youtube.com/user/galizacontrainfo
A Auga é un dereito básico. O acceso a este servizo non debería estar en mans de empresas privadas, que fan negocio mentres a administración se desentende e non se garante que persoas sen recursos vivan situacións terribeis como a do corte deste subministro.
Na reportaxe falamos con afectadas polos cortes de auga en Vigo, coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia, e escoitaremos tamén aos responsábeis da empresa Aqualia, que xestiona o acceso ao dereito básico da auga no concello de Vigo