O Festival internacional de narración oral Atlántica chega á súa 5º edición multiplicando a súa presenza por diferentes concellos do país. Este ano viaxará de Santiago á Coruña, Vigo, Ourense, Ferrol, Lalín e Teo. Soledad Felloza, directora deste evento presentou a programación deste ano no Museo do Pobo Galego acompañada de Marta Lois, concelleira de Turismo de Santiago, Lara Rodríguez, concelleira de Cultura de Lalín, Pilar Pérez, concelleira de Cultura de Teo, e Suso Baterrechea, concelleiro de Cultura de Ferrol.

- Publicidade -

Trátase xa dun festival consolida que atrae a numeroso público e que resalta a importancia que ten a narrativa oral no noso País

Esta 5º edición do Festival terá lugar entre os días 15 e 19 de marzo. Participarán contadoras e contadores do país e de fóra, que veñen de Madeira, dos Azores, Brasil, Alemaña, Tras os Montes, Alacante e Uruguai.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego