O Ateneo de Santiago cumpre dez anos e pretende celebralo cun amplo abano de actividades que se extenderá durante todo o ano 2018. Alén de continuar co seu exitoso programa “Os luns do Ateneo”, o eixo destes eventos de conmemoración do aniversario será un ciclo de conferencias e debates que, baixo o título “En clave de futuro”, afondará no eido científico, sociocultural e político respecto da evolución das sociedades modernas.
O primeiro convidado foi o especialista en seguridade tecnolóxica Ramsés Gallego, que impartirá un coloquio sobre ciberseguridade. A conferencia de Gallego celebrouse este luns na sede de Afundación e rexistrou unha gran afluencia de público.
Estamos consolidando o Ateneo, hoxe xa é unha entidade que se respecta
Está previsto que toda as ponencias deste ciclo se desenvolvan no mesmo edificio mais, ante o crecente interese da cidadanía compostelá nos eventos coordinados polo Ateneo, a organización non descarta acudir a espazos de maior capacidade coma o Auditorio ABANCA.
O ATENEO DE SANTIAGO rexorde no ano 2008 coa intención de fomentar a participación activa da sociedade civil na vida cultural da cidade.
Outras actividades
Alén do ciclo de conferencias e debates, o Ateneo organizará en outubro unha exposición fotográfica en lembranza dos artistas galegos Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo. No portal web do Ateneo pódese consultar a programación completa dos actos polo décimo aniversario da organización.
https://nostelevision.gal/percorrido-polas-ultimas-actividades-ateneo/
Queres saber máis? Bótalle un ollo á axenda de eventos do Ateneo