Home Espazo Aberto Cultura Ataque Escampe anuncia a súa volta con novas caras no grupo

Ataque Escampe anuncia a súa volta con novas caras no grupo

0
Ataque Escampe anuncia a súa volta con novas caras no grupo

Con máis de quince anos de traxectora, o grupo Ataque Escampe anuncia a súa volta aos escenarios. “#España parece que sairá do seu bloqueo. Nós hoxe xa podemos confirmar que saímos do noso e adiantar a nova formación”, afirmaban nas súas redes sociais.

Os referentes da música independente en galego revelaron a súa nova formación: Alex Charlón como vocalista, Samuel Solleiro e Miguel Mosqueira nas guitarras, Lois Carín ao baixo, Julio Vilariño a cargo dos sintetizadores e Cibrán Tenreiro -un dos compoñentes do grupo Esposa- na batería. Agora só cómpre agardar ao anuncio do próximo concerto, o primeiro desta nova tempada que se abre para este grupo galego.