O candidato por En Común-Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, explica nunha rolda de prensa en Compostela que é fundamental levar a Madrid as propostas das galegas. Considera moi importantes estas eleccións xerais para que os problemas das galegas non pasen inadvertidos. O candidato aspira así a “gobernar o Estado dende Galicia”.

Gómez-Reino asegura que as demandas galegas deben estar no goberno e coloca como exemplo os conflitos de Alcoa ou Poligal. Xunto a el, na rolda de prensa, Yolanda Díaz, militante de Esquerda Unida e candidata por Pontevedra, destacou que estas eleccións non son uns comicios máis e chama á mobilización de toda a xente.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -