Home Programas Espazo Aberto Asociacións a prol da sanidade pública rexeitan a venda de pulseiras para financiar a investigación sanitaria

Asociacións a prol da sanidade pública rexeitan a venda de pulseiras para financiar a investigación sanitaria

0
Asociacións a prol da sanidade pública rexeitan a venda de pulseiras para financiar a investigación sanitaria

Hai pouco máis dun ano nacía Obra Social Pediatría, unha entidade impulsada por clínicos e investigadores do Servicio de Pediatría do CHUS. Ao acto de presentación asistiron diversos cargos públicos da administración galega.

Desde o primeiro día, a entidade buscou diferentes vías de doazóns: ‘Envía un SMS con la palabra NENOS’, vía email, formularios para pagar con tarxeta… Todo baixo unha premisa clara, a entidade non ten ánimo de lucro e as doazóns van destinadas a mellorar a investigación: “A aportación á Obra Social supón unha inversión directa a favor da investigación en sanidade e da mellora da calidade de vida dos pacientes, sen intermediarios”. Os beneficiarios? “Os nosos nenos e pacientes de 0 a 16 anos”.

A pasada semana, Obra Social Pediatría e El Corte Inglés de Santiago poñían á venda unha “pulseira solidaria”, onde o beneficio sería íntegro para a entidade. Este feito era criticado duramente pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS: “É deleznable disfrazar a búsqueda de beneficios cun falso manto de iniciativa social.” Para Manuel Martín, da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública, é un exemplo do intento por mudar a financiación da asistencia sanitaria, “transformando o actual sistema de financiación de carácter redistributivo baseado en impostos nunha especie de tómbola de caridade”.

É inmoral e eticamente reprochable facer uso do sufrimento dos nenos enfermos para, baixo unha aparencia altruísta,…

Publicada por Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS en Viernes, 16 de agosto de 2019

Ademais, a asociación de pacientes instábaos a través de Facebook a loitar por conseguir recursos públicos en vez de recorrer á privada: “Non queremos caridade nin beneficencia dos profesionais da unidade de pediatría, queremos que asuman a súa obriga de esixir os recursos públicos que garantan a asistencia sanitaria universal como un dos dereitos fundamentais das persoas.” Nese mesmo sentido se pronuncian na Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública : “o que deben esixir os profesionais sanitarios serios é unha financiación suficiente tras os recortes da Xunta dos últimos anos.”

Manuel Martín: “É un intento por transformar o actual sistema de financiación de carácter redistributivo baseado en impostos nunha especie de tómbola de caridade”

Como sempre, detrás están as ‘fundacións’

Como recollen na letra pequena da súa web, todas as doazóns son “canalizadas” pola Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (FIDIS), unha desas fundacións aparentemente filantrópicas cuxo patronato preside Eloína Núñez, curmá do presidente da Xunta. Na páxina pódese comprobar a participación de multinacionais como Biogen, Janssen (de Johnson and Johnson) ou Nestlé.

As asociacións amósanse críticas. Para Manuel Martín, as fundacións supoñen un novo paso no control privado da investigación nos centros públicos, xa que están “fortemente penetradas polas multinacionais farmacéuticas e de tecnoloxía sanitaria, que orientan a dirección e obxectivos”. Preguntado pola iniciativa das pulseras, Martín é taxativo: “aprécianse con claridade os conflitos de interese que veñen condicionando a orientación e funcionamiento do sistema sanitario público”.

A Asociación de Pacientes do CHUS vai máis alá: “É inmoral e eticamente reprochable facer uso do sufrimento dos nenos enfermos para, baixo unha aparencia altruísta, atraer aos consumidores aos puntos de venda das grandes áreas comerciais.”