Home Programas Área Compostela A Asociación do Traxe Galego reclama un museo específico en Compostela

A Asociación do Traxe Galego reclama un museo específico en Compostela

0
A Asociación do Traxe Galego reclama un museo específico en Compostela

O Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Tradicional Galego chega este ano á súa vixésimo terceira edición, Organizado pola Asociación do Traxe Galego coa colaboración do concello de Santiago e un centro comercial da cidade este galardón está considerado un dos máis importantes apoios que ten a recuperación dun dos apartados máis característicos da nosa tradición. Na rolda de prensa de presentación a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, salientou o seu significado para a nosa cultura.

A presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray, animou á participación e explicou que falta investigación en pezas soltas e engadiu que levan anos tras o proxecto de contar cun museo onde amosar a grande cantidade de material que teñen gardado en casas particulares.

Os mellores traballos analíticos e descritivos sobre esta indumentaria serán galardoados un ano máis con 1.200 e 600 euros, respectivamente. A data límite de entrega dos traballos é o xoves 30 de novembro. Tras analizar as investigación presentadas, a publicación do fallo do xurado e a entrega de premios terá lugar nun acto previsto para a tarde do xoves 14 de decembro no Pazo de Raxoi.