O Polígono Industrial do Tambre presenta, ante o alcalde e as concelleiras Marta Lois e Jorge Duarte, as súas principais propostas de mellora para unha das principais áreas de dinamización económica da cidade. Jesús Chenel, representante das empresarias e empresarios do polígono, trazou as principais liñas de actuación na contorna, entre as que cómpre destacar medidas para lidiar co elevado tráfico de coches estimado para o vindeiro ano ou a construción dunha nova rotonda na vía Edison, un proxecto xa iniciado polo Concello.
Na xuntanza tratáronse outras cuestións relacionados co mantemento e limpeza das beirarrúas, a seguridade do recinto ou as vías de acceso ao mesmo. A Asociación Empresarial confía en que as súas demandas sexan atendidas, xa que existe unha comunicación “permanente e fluída” co Concello.