A Asociación Cultural Morreu o Demo volveu ao Culturgal

A AC Morreu o Demo presenta Titiriberia no Culturgal

Fíxoo compartindo posto coas compañías Viravolta e Alakrán. A Pontevedra levou as súas publicacións, o catálogo coa oferta de actividades e a deu a coñecer o seu proxecto.

A ambientación do espazo no posto rendiu homenaxe a Alfonso Silvent, fillo de José (“O auténtico Barriga Verde”, segundo se anunciaba), que faleceu no pasado mes de xuño. Colaborador e socio de honra do colectivo, participou en edicións anteriores do propio Culturgal. A Asociación Cultural Morreu o Demo ten previsto para esta mesma semana unha chea de actividades.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

7 e 9 de decembro en Teo

No Titiriberia, o primeiro festival dedicado aos títeres tradicionais ibéricos que se desenvolverá entre o 7 e o 9 de decembro en Teo, haberá unha mesa redonda sobre “A vixencia da cachaporra: Violencia nos Títeres Tradicionais na que participará o historiador Adolfo Ayuso e o membro de Titeres de Abajo, Alfonso Lázaro, compañía que foi acusada de terrorismo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -