Home Programas Área Compostela Así votaron as candidatas e candidatos á Alcaldía da Coruña

Así votaron as candidatas e candidatos á Alcaldía da Coruña

0
Así votaron as candidatas e candidatos á Alcaldía da Coruña

O alcalde e candidato á reelección pola Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, acudiu esta mañá á exercer o seu dereito a voto no centro cívico de San Diego. Alí animou a toda a veciñanza a facer o mesmo. “Cada elección recordamos aos homes e mulleres que deixaron a vida para favorecer que hoxe teñamos dereitos. Cada votación é, á vez, unha homenaxe a todas esas persoas”, explicou.

Polo BNG, o candidato Francisco Jorquera votou ás 11 horas da mañá no Centro Cívico do Castrillón. “Pido á toda a veciñanza da Coruña que acuda a votar. E pido que se faga pensando en cal é a mellor candidatura e cales son as mellores propostas para a cidade e para o país”, sostivo o nacionalista.

Tamén acudíu a votar a candidata socialista Inés Rey que desexou que a xornada transcurrise “con normalidade”.