As diferentes persoas que aspiran a facerse coa alcaldía de Lugo votan hoxe, xunto co resto da veciñanza, o futuro político da cidade. A candidata socialista, Lara Méndez, acudíu as urnas a media mañá. “Hoxe é un día importante para a cidade de Lugo”, sostivo a candidata do PSOE que di querer “culminar o noso proxecto da cidade“. Por último, engadíu que “cómpre que a cidadanía acuda a votar masivamente” e que “o éxito sexa o da alta participación”.

 

O candidato nacionalista, Rubén Arroxo, tamén exerceu xa o seu dereito ao voto.”Quero animar a todas as veciñas e veciños a participar deste día clave”.”Hoxe vai ser o día no que se escriba o futuro dos próximos anos”

 

 

Tamén acudíu ás urnas o candidato de Lugonovo, Xosé Chorén.

- Publicidade -