As candidatas e candidatos á Alcaldía de Compostela votan este domingo nas urnas da cidade. “Compostela xógase o futuro dos vindeiros catro anos”, dixo o candidato de Compostela Aberta, Martiño Noriega, que acudíu ás urnas ás 11.30 horas. “Hoxe o que toca defender é que a xente vote” sostivo Noriega que anunciou a súa visita aos diferentes colexios electorais da cidade para dar arroupo ás persoas interventoras de Compostela Aberta.

Ás 11.00 horas entraba na facultade de Historia a candidata nacionalista, Goretti Sanmartín. “É un día moi importante para Santiago, onde se van decidir as políticas para avanzar e ser referente como capital de Galiza“, sostivo a aspirante do BNG á Alcaldía de Compostela.

O aspirante socialista, Xosé Sánchez Bugallo, fíxoo arredor das 10.30 horas no Xelmírez I. “Para min vai ser un día importante, independentemente de como remate”, sostivo, “é decisivo para Santiago, vainse decidir os seguintes catro anos, o Ano Santo e moitas outras cousas”.

 

- Publicidade -