O Concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, presentou hoxe a modificación do servizo da ORA, que se levará a pleno ou ben este mes ou en febreiro. O texto actualiza a regulación de 2012, tendo en conta a evolución da cidade e das políticas de mobilidade.
Entre os cambios, inclúen o dereito a aparcar de balde na zona azul dos condutores de coches eléctricos e das persoas con mobilidade reducida. Retírase a rotación obrigatoria das rúas con menos afluencia comercial, e contempla establecela en zonas como Conxo, a petición da asociación de empresarios da área. O tempo de estadía nun único lugar podería duplicarse ou custar a metade, tanto para os residentes, como para os que teñan o domicilio laboral en santiago ou os “residentes de municipio”, que ata agora non tiñan o dereito de aparcamento.
Jorge Duarte quixo aclarar que o servizo da ORA non é para recuadar, senón para facilitar a vida das persoas que viven e traballan en Santiago.