Home Espazo Aberto Medio ambiente Así será o #27S en Galicia: apoios, horarios e puntos de partida das mobilizacións

Así será o #27S en Galicia: apoios, horarios e puntos de partida das mobilizacións

0
Así será o #27S en Galicia: apoios, horarios e puntos de partida das mobilizacións

O Movemento Galego polo Clima chama este vernes, 27 de setembro, a mobilizarse ante a emerxencia climática. Ás 12 horas do mediodía haberá concentracións en diversos centros educativos segundo anunciou a plataforma Fridays for Future da Coruña. Porén, agárdase que as maiores mobilizacións cheguen cara a tardiña. En Ferrrol, as protestas arrancarán ás 19.30 horas na Praza de Amada García. A esa mesma hora, en Compostela tamén sairá a manifestación que partirá da praza do Matadoiro.

En Vigo a manifestación polo clima sairá da Vía Norte ás 20 horas, ao igual que Pontevedra de onde a mobilización partirá da Praza da Ferrería. En Lugo está convocada unha concentración ás 20 horas na Praza Maior, ao igual que en Ourense.

Apoios

A convocatoria do Movemento Galego polo Clima xorde no marco dun movemento internacional que foi criticado polos sectores de loita anticoloniais por non dar visibilidade ás loitadoras na defensa da terra de países non occidentais, especialmente os de América do Sur. Ao mesmo tempo, e con especial fincapé nas redes sociais, vinculouse a loita anticapitalista como única vía de combate real contra o cambio climático.

Neste senso, colectivos como a Plataforma veciñal Mina de Touro NON ou o sindicato Prosagap parabenizaron estas mobilizacións dada a necesidade de sacar á rúa todas as voces que ven imprescindible unha mudanza na forma de relacionarnos coa nosa terra.