O socialista Pedro Sánchez enfróntase este martes á votación de investidura máis axustada dos últimos anos no Congreso dos Deputados. O pleno retomarase ás 12 do mediodía cun breve discurso do candidato, Pedro Sánchez, tras o que se abrirá a quenda de intervención de todas as forzas políticas que deberán ser breves. A partir da unha menos cuarto, dará comezo a votación nominal, a viva voz e en pé. Todo está planificado para que Sánchez saia escollido presidente pero as tensións de última hora aputaban a posibles transfuguismos. De suceder isto, segundo trascendeu, Bildu correxiría a balanza para permitir o goberno. A sesión de investifura pódese seguir aquí:
Dende o BNG consideran que xusto a reacción da dereita española tras o primeiro intento de investidura reafirma o seu voto no si. “Grupos como Vox, PP e Ciudadanos pretenden impedir a liberdade de expresión no Congreso, pretenden calarnos a todos, e estaremos de fronte defendendo a democracia e as liberdades públicas”, sinalara no seu momento Néstor Rego.
✅ Logo de asinar un gran acordo para o noso país, por responsabilidade política e para frear a dereita e ultradereita. Hoxe votaremos, SI.
— BNG Congreso (@bngcongreso) January 7, 2020