A Coruña, Compostela e Boiro sumáronse a Redondela no rexeitamento das casas de apostas. Ambas cidades acolleron este domingo mobilizacións en contra da proliferación deste tipo de negocios que lanzan a súa publicidade contra a xente moza. Deste xeito, organizacións políticas, colectivos estudantís e sindicatos apoiaron as concentracións cuxa convocatoria se estendeu polas redes sociais baixo o hashtag #ApostapoloteuBarrio.
Eles gañan, ti sempre perdes. Acción esta tarde nas rúas de Compostela contra as casas de apostas e as plataformas de xogo online. #ApostaPoloTeuBarrio pic.twitter.com/VyZ7VKxRlx
— Galiza Contrainfo ? (@gzcontrainfo) October 6, 2019
A primeira en mobilizarse foi Redondela onde queren implantar unha casa de apostas nunha zona educativa da vila. Dende as institucións, persoas como a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, pediron avances lexislativos para regular este tipo de negocios.