More

    Así foi o noso primeiro Espazo Aberto emitido nas redes sociais

    Tamén podes velo no 119 de R de luns a venres ás 21.00 horas

    ESPAZO ABERTO, o espazo informativo de Nós Televisión

    Estreamos un novo informativo diario cun novo plató. Neste espazo duns 10 minutos de duración, analizaremos a actualidade galega facendo fincapé na defensa da terra, os feminismos, a lingua e os movementos sociais.

    Ademais de poder velo no dial 119 da plataforma R, poderás seguilo tamén nas nosas redes sociais, de luns a venres ás 21:00.

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego