O pasado domingo a parroquia estradense de San Xorxe de Cereixo celebrou a súa festa patronal. Festa moi vinculada ao mundo rural, que nos últimos anos está recuperando o seu carácter tradicional de outrora.
Gonzalo Louzao: “Tivemos que darlle unha pequena volta á tradición”
.@c_aestrada Na festa de San Xorxe de Cereixo (A Estrada), conversamos @gonzalouzao, impulsor da recuperación da festa https://t.co/BRL9qkAxCk pic.twitter.com/bgS7LRE6gt
— Nós Televisión (@NosTelevision) 25 abril 2017
Ruta de sendeirismo para conmemorar os devotos que se achegaban a romaría a pé, misas durante toda a mañá, unha variada amenización musical, xuntanza de asociacións culturais de diversos concellos, e como non pode faltar nunha boa romaría galega, xantar popular e polbeiro.