Así foi a presentación do Premio Ramón Piñeiro “Facer País” deste ano

Esta convocatoria pretende recoñecer a labor realizada ao longo do tempo por persoas ou entidades a prol da lingua e da cultura galega

Este ano celebrase a edición numero XVIII, é pretende recoñecer a labor realizada ao longo do tempo por persoas ou entidades a prol da lingua e da cultura galega. Non ten dotación económica e o agasallo é un peza de arte de artistas do país ou algunha edición especial de libros. Está organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara, coa que colaboración de diferentes asociacións da Comarca de Sarria e O Corgo, xunto con Concello de Láncara e o Colexio “Ramón Piñeiro” da Pobra de San Xiao  así como tamén conta co apoio da Deputación de Lugo.

A entrega do premio realizarase a finais de outubro en Láncara. Todas as persoas ou entidades que desexen presentar as súas candidaturas poden facelo enviando as súas propostas ao Concello de Láncara ata principios de outubro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Algúns dos premiados en edicións pasadas foron a Asociación Xermolos, Isaac Díaz Pardo, Luís Tosar, Milladoiro, Xosé Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas, A Nosa Terra, Avelino Pousa Antelo, Luz Pozo Garza, Real Academia Galega e Mini&Mero ou Margarita Ledo entre outros

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -