Home Programas Espazo Aberto Así foi a masiva manifestación en defensa da sanidade pública

Así foi a masiva manifestación en defensa da sanidade pública

0
Así foi a masiva manifestación en defensa da sanidade pública

Milleiros de persoas participaron na manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública contra os recortes e a privatización do noso sistema de saúde. As rúas de Compostela foron un clamor unánime para esixir máis recursos e persoal que freen o deterioro da sanidade pública galega. Na mobilización destacaron as pancartas denunciando as carencias da atención sanitaria no rural. Tamén se fixeron visibles os conflitos laborais abertos, no sector das ambulancias, nos PACs e nas urxencias do CHUS, contra a precariedade das condicións laborais das traballadoras sanitarias.