Como cada véspera do Día da Patria, Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, reivindicou este 24 de Xullo no Parque de Bonaval dúas das figuras máis importantes da nosa nación, Rosalía de Castro e Daniel Castelao, dous símbolos e exemplos para todas as mozas e mozos que día a día loitamos polos dereitos colectivos que como nación nos pertencen.
Así foi a homenaxe de Galiza Nova a Rosalía e Castelao
Vídeo-resumo da clásica homenaxe de Galiza Nova a Rosalía e Castelao