Dende este luns, as librarías xa poden subir a reixa. As que queiran gozar das librarías deben pedir cita previa e respectar todas as medidas de seguridade. Este é o caso da libraría Couceiro, en Compostela, onde entramos coa cámara.
Esta crise social e sanitaria agravou a precariedade que moitas xa vivían e hai librarías que xa non erguerán a súa reixe. É o caso da libraría especializada en poesía Chan da Pólvora, ubidada na rúa de San Pedro.
Quique Alvarellos sostén que esta crise vai deixar ao sector “moi tocado” polo que chama a mercar un libro nesta primavera e verán como “acto antivirus”. Ás portas está xa o Día das Letras Galegas que viviremos entre estas fases de desconfinamento.