A líder nacionalista, Ana Pontón, escolleu a casa das asociacións de Compostela como escenario para a presentación da súa candidatura ao proceso aberto do BNG para a escolla da súa candidata á presidencia da Xunta. Rodeada de xente moza, a voceira do Bloque Nacionalista Galego instou a “construír a Galiza que necesitamos”.
Pontón apoiase no lema ‘Gañar unha nova Galiza‘ e na “ilusión”, “convicción” e “responsabilidade que leva representando para o partido nos últimos anos.
Hai uns días o BNG abriu o proceso para elexir candidata ou candidato á Presidencia da Xunta. Hoxe dou en paso adiante, con ilusión, con convicción e responsabilidade para #GañarUnhaNovaGaliza pic.twitter.com/w9Sss5gWSy
— Ana Pontón (@anaponton) November 20, 2019