
Concertos, clases maxistrais, un ciclo de conferencias… A arte urbana, a música e a aprendizaxe xúntase un ano máis no Rexenera Fest de Carballo. Nesta quinta edición participan os e as artistas Pichiavo (Valencia), Lidia Cao (Galicia), Milu Correch (Arxentina), Millo (iIalia), Satr (China) e Marina Capdevila (Cataluña). O festival que sitúa a Carballo como capital da arte plástica durante estes días rematará o domingo 9 de xuño.
O proxecto pretende reunir cada ano o mellor da escena galega, estatal e internacional do mundo da arte urbana, para así facer da nosa vila un gran museo ao aire libre que irá medrando ano tras ano. Deste xeito, o Rexenera Fest actúa en cada edición como un axente rehabilitador contra o feísmo urbanístico e utiliza as rúas como un espazo de diálogo e de expresión artística.