Aser Álvarez: “Carvalho Calero foi inxustamente tratado pola súa independencia”

Conversamos co autor do documentario “De Carballo a Carvalho: percurso pola vida e obra de Ricardo Carvalho Calero”

A vella máquina de escribir de Ricardo Carvalho Calero torna nun fío que nos conduce pola vida e obra do autor ferrolán no documentario “De Carballo a Carvalho: percurso pola vida e obra de Ricardo Carvalho Calero” que asina Aser Álvarez, director de Arraianos Producións. O documentario, promovido pola AGAL, rende homenaxe ao profesor, investigador, escritor e intelectual ao que neste 2020, e posiblemente o 2021, se lle dedica o Día das Letras Galegas. “Carvalho Calero é unha figura central para entender Galiza”, destaca Álvarez, “ foi inxustamente tratado pola súa independencia”.

Ao longo do documentario, as voces de Pilar García Negro, Darío Villanueva, Vítor Freixanes, Araceli Herrero, Enrique Rabuñal, Elvira Souto e Eduardo Maragoto nos acompañan no camiño da obra e vida de Ricardo Carvalho Calero. Tal e como Álvarez indica, no documentario, cunha clara vontade de pedagoxía e axilidade, “xogamos coa idea de meternos na propia cabeza” do intelectual sen o que non concibiriamos a Galiza do século XX nin a de hoxe en día.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego