A asemblea cidadá do Matadoiro Compostela reaviva as diferenzas entre PP e Compostela Aberta

A asemblea cidadá realizada onte no espazo Matadoiro Compostela, antiga Casa da Xuventude, reavivou as diferenzas entre o grupo de goberno municipal e o Partido Popular. Á convocatoria aberta acudiron numerosos colectivos de moi variada índole e tamén representantes da corporación municipal. No encontro participativo as persoas asistentes puideron expoñer as súas inquedanzas e discutir sobre as actividades a realizar. Unha das asistentes foi a concelleira do Partido Popular, María Antón, quen explicou porque non quixo expoñer as súas diferenzas na propia asemblea.

- Publicidade -

Martiño Noriega: “No PP teñen un problema por entender o modelo de autoxestión pero non para entender privatizacións”


O alcalde de Santiago valorou positivamente a realización desta asemblea e discrepou da edil popular en relación a participar abertamente neste tipo de encontros cidadás.

A Asemblea foi convocada polo Grupo de Autoxestión do espazo Matadoiro para presentar un documento realizado ao longo destes meses de funcionamento coa intención de definir coa cidadanía compostelá o futuro uso e funcionamento deste edificio.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego