A manifestación do feminismo unitario en Vigo estivo marcada pola contra-programación do concello da cidade, que decidiu realizar a inauguración pública do alumeado de nadal na mesma xornada que se conmemora o día internacional contra as violencias machistas. Este feito foi criticado desde os colectivos organizadores da marcha, xa que o consideraron unha falta de respecto para as mulleres asasinadas e para o movemento feminista en xeral. Houbo que lamentar tamén que varias activistas da asociación Nós Mesmas foron increpadas e agredidas por algúns dos asistentes ao prendido das luces, pois ao parecer, lles molestou que o espectáculo de Abel Caballero coincidira con esta xornada de reivindicación.