Home Programas Espazo Aberto As verteduras contaminantes da mina de Touro entrarán este mércores no xulgado de Arzúa

As verteduras contaminantes da mina de Touro entrarán este mércores no xulgado de Arzúa

0
As verteduras contaminantes da mina de Touro entrarán este mércores no xulgado de Arzúa

A investigación xudicial polas verteduras contaminantes da mina de Touro dará este mércores un novo paso. A titular do xulgado mixto de Arzúa tomará declaración en calidade de investigados aos representantes das empresas Explotaciones Gallegas e Tratamientos Tecnológicos del Noroeste, TEN, aos que se lle vincula un posible delito contra o medio ambiente. As denuncias presentadas pola Fiscalía de Medio Ambiente, xunto cos escritos entregados pola asociación Aldeaviva, iniciaron este caso no que se investigan as verteduras da balsa de Angumil e tamén as da balsa de Bama ao río Brandelos, afluente do Ulla, xunto o depósito de materiais contaminantes procedentes da vella mina á contorna.

Explotaciones Gallegas, máxima accionista de Cobre San Rafael e TEN SL xa estiveron meses atrás no foco do polémica: Explotaciones Gallegas foi sancionada -varias veces- por Augas de Galicia, a última por desviar sen autorización o río Portapego, que provocou o desbordamento de augas contaminadas en espazo urbano. Pola súa banda, a veciñanza de Touro vén reclamando unha denuncia polos cheiros que provoca a planta de residuos da empresa TEN.

Ambas empresas comparacerán como investigadas e enfrontaranse a un posible delito contra o medio ambiente.