Charo Lopes estudou xornalismo e adícase profesionalmente á fotografía. Escribe dende nena e explícanos que o punto de unión do xornalismo, a fotografía e a poesía é que “todas son ferramentas de comunicación ou de expresión”, di a poeta.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O xurado do Premio de Poesía Cidade de Ourense non só respetou a forma de escribir de Charo Lopes, que é en galego-portugués, senón que a valorou positivamente. A poeta opina que achegar esta forma de escribir á sociedade “sería moi simple a nivel escolar, pero é máis unha cuestión política que gramatical”, explica Lopes.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -