Home Programas Espazo Aberto As traballadoras da CRTVG continuarán cos venres negros #AtaQueEscampe

As traballadoras da CRTVG continuarán cos venres negros #AtaQueEscampe

0
As traballadoras da CRTVG continuarán cos venres negros #AtaQueEscampe

#AtaQueEscampe é o lema que escolleron as traballadoras e traballadores da CRTVG no que xa é o venres negro número 83. Piden que a dirección da CRTVG deixe as súas estratexias de manipulación e acoso a un lado para “cambiar o rumbo” cara uns medios de comunicación públicos plurais e dignos. “O presidente da Xunta non ve a TVG e o director xeral cre que sen audiencia non hai servizo publico. Temos que dicir que chove? Non pararemos #AtaQueEscampe”, sosteñen dende Defende a Galega. As traballadoras da CRTVG reivindican, entre outras, que se cumpre coa Lei de Medios aprobada en 2011 e que xamais se levou á práctica.