Home Espazo Aberto Lingua As segadoras reivindican a Xela Arias no Día das Galegas nas Letras

As segadoras reivindican a Xela Arias no Día das Galegas nas Letras

0
As segadoras reivindican a Xela Arias no Día das Galegas nas Letras

A Plataforma de crítica literaria Feminista A Sega leva dende o 2014 homenaxeando ás creadoras galegas a través do Día das Galegas nas Letras que este ano recoñece a Xela Arias. A homenaxe terá lugar este xoves no parque do Castro en Vigo cun programa que reunirá a moitas mulleres referente da escena cultural do noso país. Dende Nós Televisión falamos cunha delas: Arancha Nogueira, poeta e activista feminista que forma parte da Sega.