As rúas son para a cativada

O Concello de Santiago reedita o programa 'A rúa é nosa! Territorio Xogantín', co obxectivo de fomentar os xogos populares entre a rapazada

A revolución tecnolóxica das últimas décadas ten afastado ás rapazas e rapaces das rúas, xa que agora os teléfonos móbiles, as tabletas e os ordenadores copan gran parte do seu tempo de lecer. Co obxectivo de fomentar a lingua e os xogos populares nos espazos públicos para a cativada naceu hai tres anos o programa A rúa é nosa! Territorio Xogantín, impulsado polo Concello de Santiago.

- Publicidade -

As actividades desenvolveranse durante todo o mes de agosto, agás nos días festivos

A raiola, a corda e os xogos populares do país tomarán a praza 8 de marzo entre o 30 de xullo e o 31 de agosto, agás nos días festivos. Unha das metas desta iniciativa, que correrá a conta dun equipo de monitoras e monitores de Xandobela, é formar á mocidade en valores como a convivencia ou o respecto.

As actividades, de balde, desenvolveranse entre as 11.30 e as 13.30 horas. Poderán participar mozos e mozas de entre 6 e 10 anos co único requisito de presentarse no punto de encontro á hora indicada, cubríndose as prazas vacantes para cada actividade por orde de chegada.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego