Home Programas Espazo Aberto As redeiras de Portosín suman doce días de apagón

As redeiras de Portosín suman doce días de apagón

0
As redeiras de Portosín suman doce días de apagón

As redeiras de Portosín levan doce días traballando na Nave de Redes sen subministro eléctrico. O corte de luz, que se produciu mércores 10, fai que teñan que traballar a escuras e con frío.

O corte de subministro eléctrico produciuse ao mudar o tipo de contador, segundo relatan as propias traballadoras que xa están en contacto coa Cofradía e Portos de Galicia que continúan sen darlle ningunha solución. As traballadoras denuncian un “abandono total” por parte da Administración e reclaman unha solución urxente para poder desenvolver o seu traballo nunhas condicións dignas.