A preocupación aumenta en relación ao conflito social que supón a reapertura da mina de O Pino-Touro. Representantes de máis de 40 colectivos da Ría de Arousa reuníronse coa Valedora do Pobo, Milagros Otero, para interesarse pola queixa presentada no mes de xaneiro en relación coa información de que dispón a Xunta de Galicia ao redor da explotación mineira.
O portavoz da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido, Xocas, explicou aos medios de comunicación que temen que haxa información oculta importante en relación a este tema.
A Ría de Arousa pide “transparencia” á Xunta no tema da mina do Pino-Touro
Rubido denunciou que a Xunta está a apoiar os intereses de empresas que “están en Chipre” e non a das que están en Galicia. En apoio a estes colectivos estiveron presentes Montse Prado polo BNG), Antón Sánchez por En Marea) e Julio Torrado polo PSdeG-PSOE.