Home Programas Área Compostela As queixas contra a Mina de Touro chegan ao Parlamento Europeo

As queixas contra a Mina de Touro chegan ao Parlamento Europeo

0
As queixas contra a Mina de Touro chegan ao Parlamento Europeo

O rexeitamento social ao proxecto extractivo de Touro –O Pino chegou ás institucións europeas grazas ás peticións formuladas pola cidadanía galega. Así, a Comisión de Peticións está a tramitar diferentes queixas presentadas durante os últimos meses por parte da plataforma veciñal contra a mina e por outras entidades ambientalistas galegas.

A Plataforma veciñal de Touro –O Pino Non, pide que se restaure o emprazamento da antiga mina ao descuberto de Touro que estivo activa entre 1973 e 1986. A necesidade da resturación xustifícase polos seus efectos adversos sobre o medio ambiente, en particular a posible contaminación das augas do río Ulla e a ría de Arousa e tamén da potencial afección do proxecto extractivo a zonas da rede Natura 2000 no Pino.

As outras peticións fan fincapé nas características da empresa promotora, nos impactos do proxecto e na falla de información. Así Cobre San Rafael S. L, creada hai dous anos, isto é, o 13/06/2016, filial da empresa matriz Atalaia Mining, pretende extraer cobre dunha mina situada no municipio de Touro, na Coruña, que ocuparía 689 hectáreas, das cales 492 son hoxeb en día masa forestal e terreo agrario.

Entre os problemas específicos que plantexan as peticións están os impactos do proxecto extractivo na base territorial das explotacións agrarias beneficiarias da PAC, a desaparición de ata 20 mananciais de auga e as reservas que abastecen polo menos a un cento de vivendas e explotacións gandeiras. As peticións tamén recollen o malestar e a alarma social xerada pola creación na zona de balsas de estériles con diques de 2.806 e 3.187 metros de lonxitude e alturas de ata 81 metros, que se encapsularían ao final da súa vida útil a escasos metros de poboacións habitadas.

Desde que se coñeceu o contido do proxecto de Cobre San Rafael, entre os veciños e veciñas destos concellos e outras organización medioambientais presentaron máis de 1500 alegacións ó proxecto no período de exposición pública que rematou no mes de outubro de 2017